Servizo público, pertencente á Area de Acción Social do Concello de Santiago de Compostela.
¿QUE PODES ATOPAR?
a.- Información, orientación e asesoramento sobre programas, recursos e servizos de índole social, que contribúan á autonomía persoal e familiar. Por áreas, realízase a tramitación e derivación a:
a.1.- Familia, infancia e mocidade: Unidade municipal de atención ás familias, axudas de prevención e apoio a familias para a preservación dos menores no seu medio, axudas para a escolarización dos menores, acollemento de menores, centro de día de menores, garda de menores, prestación económica de pago único por fillo menor a cargo.
a.2.- Maiores e/ou persoas con estado de saúde deficitario: Recoñecemento do grao de discapacidade, recoñecemento da situación de dependencia, coa movilización dos recursos que correspondan, servizo municipal de axuda no fogar, teleasistencia domiciliaria, ingreso en centros residenciais, centros de día, respiro familiar: estadías temporais en centros residenciais, transporte adaptado 065, programa de novas tecnoloxíasaxudas para facilitar a autonomía persoal e a accesibilidade, pensións non contributivas, acollemento familiar, bonobús, termalismo e turismo social, vacacións.
b.- Intervención sociofamiliar, dirixida, básicamente, á prevención, detección precoz e oferta dunha primeira atención profesional, dende o ámbito do traballo social de zona.
c.- Intervención no absentismo escolar, co obxecto de contribuir a unha adecuada escolarización e asistencia regular aos centros educativos, a través dun traballo en rede co CEIP Fontiñas e co IES Antonio Fraguas.
d.- Intervención con persoas maiores e/ou en situación de dependencia.
e.- Intervención no ámbito comunitario, a través do proxecto municipal de educación de rúa.
f.- Desenvolvemento comunitario.
Unidade de Traballo Social de Fontiñas.
Centro Sociocultural das Fontiñas.
Rúa Berlín, nº 13, 3º
Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono: 981528750
Fax: 981528745
ssociaissantiagodecompostela.org
Horario: De luns a venres, de 8 a 15 horas, previa cita
Pódese concertar no Centro Municipal de Servizos Sociais (sito na rúa Isaac Díaz Pardo, nº 2-4) e/ou no teléfono 981542465.