Novas

Servizos Sociais: UTS Fontiñas
19/03/13

BENESTAR EN BALNEARIOS

Incorpórase á web Compostela Integra información sobre a apertura de plazo de solicitude para o PROGRAMA “BENESTAR EN BALNEARIOS” (Xunta de Galicia).

Obxecto: Convocar un total de 603 prazas para participar no Programa de benestar en balnearios.

Servizos incluídos:
• Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en habitacións de uso compartido, durante de 10 días e 9 noites.
• Tratamentos termais básicos, que comprenderán: o recoñecemento médico ao ingresar no balneario; o tratamento termal que, en cada caso, prescriba o persoal médico do balneario co número de tratamentos establecido no compromiso escrito adquirido polo balneario; o seguimento médico do tratamento, con informe final a petición da persoa interesada.

En todo caso, as persoas beneficiarias das quendas realizarán os desprazamentos aos establecementos termais así coma o de regreso aos seus domicilios, polos seus propios medios.

Persoas beneficiarias e requisitos. Para ser beneficiario deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos:
a. Ser maior de 65 anos, ou de 60 reunindo a condición de pensionista, na data en que remata o prazo de presentación de solicitudes.
b. Residir na Comunidade Autónoma de Galicia
c. Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e atoparse en condicións de participar no Programa.
d. Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa, en fase activa, nin trastornos mentais condutuais non compensados, que poidan alterar a normal convivencia durante o transcurso da quenda.
e. Precisar os tratamentos balneoterápicos solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.

Así mesmo, poderán ser beneficiarios das prazas os cónxuxes ou as persoas que acrediten unha relación análoga á conxugal dos que cumpran os requisitos anteriores, sempre que reúnan as condicións dos apartados b), c), d), e) e f) e g) da presente instrución.

Os requisitos establecidos nos apartados c), d) e e), acreditaranse mediante declaración responsable do estado de saúde efectuada no modelo que acompaña á solicitude.

Documentación
• Solicitude, na que se cubrirán todos os datos requiridos, tanto do solicitante como do cónxuxe ou acompañante cando proceda.
• Fotocopia do DNI do solicitante e do cónxuxe ou acompañante se procede ( no caso de non asinar na solicitude a autorización para a súa consulta)
• Declaración responsable do estado de saúde do solicitante e a do cónxuxe ou acompañante se procede, no apartado incluido na solicitude.

No caso de que dúas persoas queiran acudir xuntas ao mesmo destino e quenda, presentarán unha única solicitude, para a súa baremación conxunta.

Prazo de presentación: Ata o 12 de abril de 2013.

Para mais información:

Teléfono social (gratuito): 900 333 666.
Servizo de Primeira Atención (Servizos Sociais Comunitarios), sito na rúa Isaac Díaz Pardo, nº 2-4 (Galeras). De luns a venres (agás os xoves), en horario de mañá, sen cita previa. Teléfono 981-54.24.65.
UTS de referencia, segundo o domicilio da persoa interesada. Para acudir a estes dipositivos debe solicitar cita previa (Teléfono 981-54.24.65.)
Unidade de Traballo Social do centro de saúde de referencia. Para acudir a estes dipositivos debe solicitar cita previa.

Fonte: Manual de traballo, información e asesoramento en Servizos Sociais (MATIASS); Consellería de Traballo e Benestar – Xunta de Galicia. 2013.[/b]

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)