24/03/11
Programa LECER E BENESTAR
A Conselleria de Traballo e Benestar (Xunta de Galicia) convoca, para o ano 2011, unha edición do programa "Lecer e Benestar" (subsitúe ao programa de Turismo Social).
Ofértanse un total de 3.095 prazas, das que 2.696 son para solicitar de xeito individual e corresponden as modalidades de balnearios, intercambio e praia e a súa adxudicación efectúase nas xefaturas territoriais.
As restantes 399 teñen unha duración de tres dias e dúas noites, están destinadas a asociacións de persoas maiores e/ou de persoas con discapacidade, coas opcións de balneario e de camping, e a súa tramitación farase a través das asociacións ou federacións de persoas maiores ou de persoas con discapacidade da Comunidade Autónoma e a adxudicación farase directamente desde a Dirección Xeral de Dependencia e Autonomia Persoal.
Modalidades:
1. Individuais:
a. Balnearios (todo incluido). Comprende servizos de aloxamento e manutención, tratamento termal, actividades de animación sociocultural e póliza de seguros.
b. Balnearios (só tratamento termal): comprende exclusivamente este servizos.
c. Intercambio (todo incluido): estadías de 8 días, con transporte, aloxamento, manutención, animación sociocultural e póliza de seguros.
d. Praia (todo incluido): estadías de 8 días, con aloxamento, manutención, animación sociocultural e póliza de seguros.
2. Asociacións de persoas maiores e persoas con discapacidade:
a. “Coñece un balneario”: estadías de 3 días e 2 noites, con aloxamento, manutención, visita a un balneario, animación sociocultural e póliza de seguros.
b. “Coñece un camping”: estadías de 3 días e 2 noites, con aloxamento, manutención en bungalós, visita a unha área termal, animación sociocultural e póliza colectiva de seguros.
Requisitos:
a. Ser maior de 65 anos ou maior de 60, reunindo a condición de pensionista (cumpridos no prazo de solicitude), agás no caso de persoas con discapacidade. O requisito da idade non se precisa no caso de cónxuxe ou acompañante con relación análoga a conxugal.
b. Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
c. Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria ou ir acompañado de monitor, no caso de persoas con discapacidade, e atoparse en condicións de asistir ao Programa.
d. Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa, en fase activa, nin trastornos mentais ou condutuais, non compensados, que poidan alterar a normal convivencia durante o transcurso da quenda.
e. Respecto ás quendas de carácter termal, precisar o tratamento solicitado e carecer de contraindicación médica para a súa recepción.
f. Ter presentado a solicitude, acompañada da documentación regulamentaria, dentro do prazo establecido
g. Acadar, de conformidade co baremo establecido, a puntuación que lle permita acceder ao destino solicitado.
h. Ter efectuado a oportuna aceptación da praza e o pagamento do prezo estipulado no prazo que se estableza.
Prazo de presentación: Ata o 15 de abril de 2011.
Para mais información poden solicitar cita nos Servizos Sociais Comunitarios (teléfono 981-54.24.65.) coa UTS de referencia, segundo o domicilio do potencial beneficiario.
Tamén poden obter información en:
§ Na páxina web http://traballoebenestar.xunta.es, Xefaturas Territoriais e Centros Sociocomunitarios de Benestar da Consellería de Traballo e Benestar.
§ No teléfono social 900 333 666.
Fonte: Manual de traballo, información e asesoramento en Servizos Sociais (MATIASS); Consellería de Traballo e Benestar – Xunta de Galicia. 2011.
Documentación relacionada