Novas

Servizos Sociais: PASS CABES
13/12/24

Diagnóstico Comunitario Vite

A través deste diagnóstico os grupos comunitarios inician unha reflexión sobre os seus problemas, os seus recursos e as alternativas para mellorar a súa situación no futuro.
O diagnóstico comunitario participativo caracterízase por ser analítico, fai posible a análise das necesidades específicas e particulares de calquera sector da comunidade e permite revalorizar os elementos positivos que existen na mesma.

Trátase de traballar coas zonas vulnerables do devandito barrio, así como de contornas, grupos e persoas en situación de vulnerabilidade. Todo isto naceu como unha necesidade para resolver un problema de xestión e acabouse convertendo nun proxecto conxunto e con moitos procesos a realizar, unha rede comunitaria no barrio de Vite: Vite-Rede. Ofrécense procesos de mellora da convivencia e de intervención comunitaria, deseño e xestión de procesos participativos, formación e desenvolvemento de actividades atendendo a necesidades detectadas.

OBXECTIVO XERAL Mellorar a calidade de vida e o benestar da veciñanza da zona de Vite, do Concello de Santiago de Compostela.
Os obxectivos específicos son:
• Detectar e analizar as necesidades e demandas, explícitas e implícitas, na zona de Vite
• Elaborar un plan de intervención comunitario acorde coas necesidades detectadas ou anticipadas no diagnóstico social.
• Identificar os grupos de poboación vulnerables
• Detectar situacións de risco social e ou vulnerabilidade social para o desenvolvemento de actuacións de carácter preventivo e de promoción social.

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)