Novas

24/05/24

CONVOCATORIA BOLSAS COMEDOR, ADQUISICION DE MATERIAL ESCO E ACTIVIDADES EXTRAESCOLARESLAR

Convocatoria para a concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares. Curso 2024-2025
A Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago, na sesión ordinaria celebrada o 13 de maio de 2024, aprobou a convocatoria para a concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares para o alumnado dos centros docentes públicos e concertados sostidos con fondos públicos de educación infantil (segundo ciclo) e de educación primaria obrigatoria, e centros de educación especial de educación infantil (segundo ciclo) de educación primaria e educación secundaria obrigatoria, do concello de santiago de compostela, para o curso 2024-2025.

As solicitudes presentaranse no prazo de 10 días hábiles contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
As persoas interesadas poderán presentar a solicitude:
- Por por medios electrónicos: a través da sede electrónica do Concello sede.santiagodecompostela.gal
- Presencialmente: no Rexistro Xeral do Concello de Santiago situado na rúa do Presidente Salvador Allende 4-baixo.
- En calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

Data publicación: 20/05/2024

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)