Novas

Equipo de Inclusión Sociolaboral. Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego
12/11/13

Convocatoria. Acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou vías non formais de formación

Publícase no DOG do 12 de novembro a convocatoria do procedemento para a acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, de distintas familias profesionais:

– Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 500 prazas.

– Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 500 prazas.

– Servizos para o control de pragas (SEA028_2): 100 prazas.

– Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2): 300 prazas.

– Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2): 300 prazas.

– Información xuvenil (SSC567_3) : 100 prazas.


O prazo para a presentación de solicitudes será desde o 13 de novembro até o 12 de decembro, agás para as seguintes competencias, nas que o prazo será do 1 ao 31 de marzo de 2014 (ambos inclusive):

– Socorrismo en espazos acuáticos naturais
– Socorrismo en instalacións acuáticas


Achégase copia da orde de convocatoria.

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)