Qué é

Benvidos á páxina web COMPOSTELA INTEGRA, que pretende ser o punto de encontro de todas os colectivos e entidades que traballan na cidade por lograr a mellora da calidade de vida dos habitantes de Compostela

Esta web foi creada pola Concellería de Benestar Social do Concello de Santiago de Compostela en colaboración coas demais entidades participantes. Na sección Redes e entidades, pódese consultar información de cada unha das organizacións que as compoñen e que participan neste proxecto.

Todos nós consideramos que o traballo en rede é a mellor forma de enfrontarnos aos problemas estructurais que se presentan no día a día. Esta óptica de traballo está consolidada dende hai anos en moitos ámbitos de Compostela. Nestes intres, apostamos por dar un paso cualitativo cara adiante... Trátase de utilizar as novas tecnoloxías, construíndo unha ferramenta informática específica que nos axude a manter vivo e, sobre todo, a visibilizar a intervención que de feito xa se está realizando, dándolle proxección cara o exterior, cara as veciñas e veciños da nosa cidade...

Respétanse así as formas de traballo en rede que xa se veñen dando, facendo un recoñecemento público das entidades participantes e dos profesionais que se atopan tras elas, agradecendo e evidenciando os seus esforzos que son os que verdadeiramente manteñen vivas estas estratexias de intervención

Compostela Integra nace coa idea de rentabilizar ao máximo os nosos tempos de traballo, establecer vías de comunicación mais áxiles, permitir a maior flexibilidade e o aproveitamento dos recursos existentes, ... e, sobre todo, coa intención de reforzar a coordinación entre iguais, sen ningún tipo de xerarquización.

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)