Obxectivos
	
		
		
						
		
		Os obxectivos da Web Integra son:
		
- Converter as novas tecnoloxías e as súas aplicacións nun instrumento de traballo conxunto entre os diferentes técnicos das entidades e organizacións participantes.
 
- Xerar un marco de prevención, de participación e de intervención no seo da propia comunidade, como medio de dar resposta ás diferentes problemáticas sociais.
 
- Facer do traballo en rede un motor que promova novas iniciativas que rentabilice recursos sen duplicidade dos mesmos.
 
- Definir procedementos para a mellora da coordinación entre as entidades participantes.
 
- Promover e reforzar a eficacia das accións levadas a cabo, aproximándoas á realidade social e á cidadanía.
 
 
						
								
			
						
 
© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)