Documentación: Publicacións Rede de inserción Sociolaboral

  • GUIA INCLUSIÓN. Fundación Luis Vives (pdf, 1,5 mb)
    A Fundación Luís Vives acaba de presentar a Guía de recomendacións e liñas de actuación en inclusión social. Pretende ser unha ferramenta de traballo para os profesionais de Administracións Públicas, entidades do Terceiro Sector e calquera outro traballador no ámbito da inclusión social.

    Froito do proxecto europeo 'A Favor da Inclusión Social, esta guía sintetiza o coñecemento e as experiencias de expertos en inclusión social procedentes de distintos sectores, logo de tres anos de análise e debate das políticas e iniciativas de inclusión vixentes nas Comunidades Autónomas. Na súa concepción e proceso de elaboración participaron expertos en inclusión social procedentes de distintos sectores: Administración Pública, académicos, sindicatos e Terceiro Sector de Acción Social.

    Pódese solicitar unha copia ou descargar na páxina seguinte:
    http://www.fundacionluisvives.org/servicios/publicaciones/guias/index.html

    A Guía estructúrase nunha introdución e tres bloques de contido: Reflexións previas no marco da inclusión social, Mecanismos de participación para a inclusión social e Políticas de inclusión social en España. Ao longo destes bloques, trátanse as cuestións sociais que máis preocupan ás 16 comunidades autónomas que participaron no proxecto, como son a garantía de recursos mínimos, a inserción das persoas con especiais dificultades de acceso ao emprego e o papel dos servizos sociais.
  • Memoria Equipo de inclusión sociolaboral Concello de Santiago de Compostela. Ano 2010 (pdf, 5,26 mb)
    Presentase a Memoria das iniciativas e actividades que o Equipo de Inclusión Sociolaboral levou a cabo durante o ano 2010. O Plan de inclusión, desenvolvido a través dun convenio de colaboración coa Xunta de Galicia e financiado polo Fondo Social Europeo, estaba constituído por un equipo multidisciplinar de tres profesionais. O obxectivo deste equipo centrouse no desenvolvemento de diferentes iniciativas destinadas a favorecer a inclusión social e laboral de colectivos en risco de exclusión social.
  • Conclusións da xornada "Redes de Inclusión Social" (pdf, 968,36 kb)
    Conclusións da xornada "Redes de Inclusión Social" que tivo lugar o 11 de marzo de 2009 en Santiago de Compostela.

    A xornada está dirixida a persoal técnico de organizacións de Iniciativa Social.
  • Nota de Prensa da Xornada 'Redes de Iniciativa Social' (pdf, 120,09 kb)
    Xornada de Formación dirixida a persoal técnico de organizacións de Iniciativa Social.
    11 de Marzo de 2009.
    Santiago de Compostela

Volver


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)