O Ensanche pode ser considerado como espazo comunitario, cunha ubicación privilexiada no contexto da cidade, que conta con recursos moi variados e que o converte nun marco idóneo para o encontro e o establecemento de relacións humanas positivas. Con esta premisa, no ano 2013, diferentes organizacións e axentes sociais, implicados na zona, acordan unir esforzos para traballar conxuntamente, con obxectivos compartidos, en prol da autonomía das persoas e da convivencia, dende o respecto á diferenza.
Esta web ten un dobre finalidade: convérsese nun mecanismo de comunicación entre os distintos axentes que forman parte da rede Ensanche Vivo, que facilite o traballo diario e a coordinación interna; pero tamén, se constitúe nunha fiestra cara o exterior, co obxecto de informar á cidadanía da oferta de servizos, recursos e actividades que poden ser do seu interese para contribuir ao benestar social.