"As asociacións permiten aos individuos recoñecerse nas súas conviccións, perseguir activamente os seus ideais, cumprir tarefas útiles, atopar o seu posto na sociedade, facerse oir, exercer algunha influencia e provocar cambios".
Exposición de motivos da Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociacións.
O Portal das Asociacións é unha iniciativa da Concellaría de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego do Concello de Santiago de Compostela que pretende apoiar e fomentar o tecido asociativo do municipio a través de tres canles:
Dende esta Concellaría deséxase animar as asociacións que están a traballar con algún dos dispositivos da Área de Benestar Social, a que utilicen esta nova ferramenta que se pon á súa disposición no convencemento de que lles axudará a potenciar o seu traballo (cunha maior difusión entre profesionais doutros ámbitos e tamén coa propia cidadanía), a facilitalo e a acadar os seus fins.