Redes


Vite Rede

VITE-REDE xurde das accións que se están a desenvolver na comunidade por parte de distintas entidades e servizos,  co obxecto de darlle un novo impulso ao tecido social e realizar actuacións que melloren o benestar da veciñanza.


O establecemento da plataforma virtual supón un paso adiante na cooperación e coordinación dos distintos axentes sociais que traballan coa idea común de optimizar os recursos existentes. Esta ferramenta, ademais de permitir compartir información entre os integrantes da rede,  posibilita a creación de sinerxias coa comunidade, contribuíndo a visibilizar o labor que se está a realizar, achegando á cidadanía os servizos á súa disposición para dar resposta ás súas necesidades.

Documentación relacionada


Entidades que colaboran coa rede:


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)