Redes


Barrio San Pedro

O barrio de San Pedro está situado na zona norte da cidade. Delimitado polas rúas

  • Avenida de Lugo (límite co barrio de Fontiñas),
  • Porta do camiño,
  • Rúas de Rodríguez de Viguri e Escalinata do Ataruxo (límite coa estación de autobuses) e
  • Belvís
Trátase dun barrio histórico da cidade de Santiago de Compostela, case tan antigo como a mesma cidade e cun marcado carácter histórico. Situado nunha das entradas á cidade polo Camiño Francés. Hoxe é unha extensión da zona monumental de Compostela.

Dende sempre o barrio de San Pedro foi un dos barrios máis significativos da cidade de Santiago, caracterizándose pola personalidade propia.

Ademais ten unha vida comunitaria propia con diferentes movementos asociativos e entidades que ao longo do tempo foron dinamizando o barrio a través de diferentes iniciativas e propostas de actuación.

A finais do ano 2011 iniciase a nosa andadura como rede ou grupo comunitario para traballar de forma coordinada e conxunta, tomando como punto de partida a experiencia dos que xa levan anos traballando polo barrio.


Entidades que colaboran coa rede:


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)