Redes


Banco do Tempo

É unha nova iniciativa do Concello de Santiago de Compostela que promove o intercambio de servizos e coñecementos entre a poboación.


É pois un instrumento para impulsar a vida comunitaria, fomentando valores solidarios de igualdade e cooperación. Está encamiñado a resolver necesidades da vida cotiá e mellorar a calidade de vida dos cidadáns.

 

 Obxectivos:

  • Conciliar a vida laboral, familiar e persoal da poboación.
  • Crear e fortalecer as redes sociais, fomentando valores de reciprocidade e igualdade.
  • Impulsar a participación de todos os sectores da poboación na dinámica do tempo da cidade.
  • Eliminar a tendencia individualista da nosa sociedade e promover actitudes que favorezan a integración e a conciencia colectiva.

 

¿ Cómo participar?

É moi sinxelo, as persoas interesadas tan só teñen que chamar por teléfono, contactar vía email ou acudir á oficina do Banco de Tempo situada na Concellaría de Benestar Social e Igualdade, onde se lles informará oportunamente.

 

Email:bancodotempo@santiagodecompostela.org

Teléfono: 981 54 24 65
Enderezo: Isaac Díaz Pardo 2-4 (Zona Galeras), 15705, Santiago.

Ligazóns relacionadas


Entidades que colaboran coa rede:


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)