Redes


Barrio Fontiñas

O barrio das Fontiñas debe ser considerado como un espazo comunitario, dotado de múltiples recursos e organizado en todas as súas dimensións, que se converte nun ámbito productivo de relacións humanas positivas. Con esta idea, diferentes entidades decidimos no ano 2000, unir esforzos para traballar todos xuntos, cuns obxectivos claros e compartidos, en prol da autonomía das persoas e da convivencia, dende o respecto á diferenza. Dende entón, cada un de nós, seguimos apostando por un traballo en rede, basado na coordinación permanente. Queremos seguir sendo partes dese crebacabezas, todas diferentes e necesarias, que encaixan perfectamente, e que, unidas, poden conseguir os fins propostos.

Despois do traballo realizado durante mais dunha década, consideramos oportuno incorporarnos a este espazo virtual que nos permita reforzar a comunicación xa existente e compartir os nosos proxectos, actividades e recursos de xeito áxil e constante.

Esta web convértese ademais, para o grupo, nunha ponte de comunicación cara as veciñas e os veciños do barrio das Fontiñas, que pretende informar da oferta de servizos, recursos e actividades das que dispoñen e que poden resultar de interese para a súa vida cotiá. Consideramos, pois, que a información é unha ferramenta básica para garantizar a igualdade social.


Entidades que colaboran coa rede:


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)