DOWN GALICIA, FEDERACIÓN GALEGA DE INSTITUCIÓNS PARA SÍNDROME DE DOWN

DOWN GALICIA, FEDERACIÓN GALEGA DE INSTITUCIÓNS PARA SÍNDROME DE DOWN

 

FINS

 

Coordinar, apoiar e impulsar a labor de contribución das entidades membro para a mellora da calidade da vida de cada persoa coa síndrome de Down  e con discapacidade intelectual e a das súas familias, a través da plena inclusión social e utilización dos recursos ordinarios da comunidade, asumindo o establecido na Convención de Nacións Unidas sobre dereitos das persoas con discapacidade

  

ACTIVIDADES

 

DOWN GALICIA está a levar a cabo diferentes actividades e proxectos específicos para acadar os fins que se propón, ademais do antedito Servizo de Promoción da Autonomía Persoal. Entre eles, os seguintes:

 

  • Proxecto Emprego con Apoio, destinado a facilitar a incorporación das persoas con discapacidade intelectual ao mercado de traballo ordinario, garantindo os apoios que a persoa, a súa familia ou a persoa contratante precisen

 

  • Servizo IOBE (Información, orientación, e busca de emprego), en orde a mellorar a capacidade e posibilidades de ocupación e inserción laboral das persoas con discapacidade en situación de emprego a través da información e orientación profesional especializada.

 

  • Programa de Vida Independente, como unha oportunidade de emancipación que ofrece orientación e apoio ás persoas coa Síndrome de Down e discapacidade intelectual que desexen vivir soas, en parella ou con outras persoas e que desta forma adquiran o control sobre a súa propia vida

 

CONTACTO

 

ENDEREZO:

Rúa Alejandro Novo González, nº 1, 15706, Santiago de Compostela 

 

HORARIO DE ATENCIÓN:

De 9:00 h. a 14:00 h. y de 16:00 h. a 19:00 h. 

 

TLF.: 981.58.11.67 

 

MAIL: downgalicia@downgalicia.org 

 

WEB: www.downgalicia.org

 

 


Ligazóns relacionadas


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)