FEDERACIÓN GALEGA DE DANO CEREBRAL (FEGADACE)

FEDERACIÓN GALEGA DE DANO CEREBRAL (FEGADACE)

A Federación Galega de Dano Cerebral é unha entidade sen ánimo de lucro de carácter social promovida polas entidades de dano cerebral adquirido máis representativas de Galicia, que busca mellorar a calidade de vida das persoas con dano cerebral adquirido e das súas familias nesta comunidade autónoma, así como defender os seus dereitos e ofrecerlles a oportunidade de desenvolvelos.

 

FEGADACE desenvolve proxectos nos ámbitos da sensibilización, da investigación, e da formación (a nivel interno e externo); organiza actividades para o movemento asociativo e para as persoas con dano cerebral adquirido; e participa en diferentes plataformas e grupos de traballo. Cada ano entrega o Premio FEGADACE - Miguel Blanco.

 

Servizos das asociacións federadas:

  • Servizo de atención diúrna
  • Servizo de atención ambulatoria
  • Servizo de atención diúrna ocupacional
  • Residencia
  • Información, orientación e asesoramento
  • Asesoría legal
  • Transporte Adaptado
  • Outros

Contacto

Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5
15705 Santiago de Compostela
Teléfono: 881 943 148 // 659 177 709
www.fegadace.org
fegadace@fegadace.org


Horario: L-V / 09:00 a 14:00


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)