Cáritas Interparroquial

Cáritas Interparroquial

O Programa de Emprego e Inmigración de Cáritas Interparroquial leva traballando dende hai máis de 15 anos, con predominio absoluto do traballo voluntario e gratuíto, na cidade de Santiago con actuacións orientadas á loita contra o desemprego xerador de exclusión social: Orientación Laboral, Formación pre-ocupacional e ocupacional, Bolsa de Emprego, Asesoramento cara o Autoemprego, Promoción de Empresas de Inserción,  Orientación e tramitación de documentación para persoas inmigrantes.  Especializados no traballo en rede e na denuncia das situacións de inxustiza, propoñendo tamén alternativas ás administracións públicas para melllorar as políticas e actuacións dirixidas cara o colectivo de persoas en situación de exclusión social.


Contacto

Rúa San Roque nº 6 Bis
15704 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono: 981576142
Fax: 981563085
caritasdesantiago@hotmail.com

Ligazóns relacionadas


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)