CONFEDERACIÓN GALEGA DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE (COGAMI)

CONFEDERACIÓN GALEGA DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE (COGAMI)

 

 

FINS:

 
  • Acadar unha sociedade onde o grupo social das persoas con discapacidade poidan disfrutar dos seus dereitos en condicións de igualdade real, co máis absoluto respecto a súa dignidade e diversidade
  • Defensa do dereito a un xeito de vida e a un entorno social que garanta a vida independente e o desenvolvemento autónomo de toda persoa con discapacidade 
  • A defensa dos dereitos e liberdades das persoas con discapacidade severa ou de gran dependencia,  así como a promoción da súa integración e participación activa na sociedade
  • Promove-la plena integración escolar, laboral e social das persoas con discapacidade
  • Crea-las condicións para que as entidades membro poidan cumprir axeitadamente a misión
  • Promover actitudes sociais positivas cara a persoa con discapacidade
  • Promove-la lexislación axeitada que mellore a situación do colectivo
  • Orientar, coordinar e impulsa-lo movemento asociativo integrado na Confederación con criterios de solidariedade
  • Reunir e difundir información xeral e especializada sobre os problemas da discapacidade
  • Representar ós seus membros no ámbito autonómico, estatal e internacional 
  • Desenvolver estratexias solidarias para que se poidan acadar equilibrios interterritoriais en calidade e servicios
  • Promoción e desenvolvemento persoal e social da muller con discapacidade, loitando pola súa igualdade de oportunidades na esfera social 
  • Desenvolver programas e actividades, dentro da propia discapacidade, dirixidos especificamente á atención da infancia e a xuventude 
  • Desenvolver programas e actividades, dentro da propia discapacidade, dirixidos especificamente á atención das persoas maiores
  • Desenvolver programas e actividades, dentro da propia discapacidade, dirixidos especificamente a calquera outro colectivo en risco de exclusión social
  • Desenvolver programas e actividades relacionados co fomento e participación do voluntariado social 
  • Promover e pór en funcionamento todo tipo de iniciativas deportivas para persoas con discapacidade, priorizando aquelas que impulsen o deporte de base
  • Promover e pór en funcionamento todo tipo de iniciativas culturais, educativos e de lecer orientadas ás persoas con discapacidade
  • A cooperación internacional e ó desenvolvemento, así como a loita contra a pobreza no ámbito da discapacidade a escala internacional 
  • Calquera outro que, de xeito directo ou indirecto, poida contribuír ó cumprimento da misión da Confederación ou redundar no beneficio das persoas con discapacidade

 

 

ACTIVIDADES:  

 

  • Información e asesoramento 
  • Formación 
  • Emprego 
  • Accesibilidade 
  • Lecer 
  • Sensibilización 
  • Voluntariado  
  • Xestión de centros de recursos 
  • Xestión de centros de día 
  • Xestión de asistencia persoal 
  • Transporte adaptado

 

 

CONTACTO:

 

ENDEREZO:

Rúa Modesto Brocos, nº7, 3º bloque baixo 15704 (Santiago de Compostela) 

 

HORARIO DE ATENCIÓN:

De luns a xoves de 8:30 a 15:00h e de 16:30 a 20:00h. Os venres de 8:30 a 15:00h. 

 

TLF.:

981 574 698 

 

MAIL:

correo@cogami.es  

 

WEB:

www.cogami.es  

Ligazóns relacionadas


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)