FINS:
- Divulgación no ámbito administrativo, da sanidade, da xustiza e da sociedade en xeral, dos avances obtidos a través da dinámica asociativa
- Colaboración coa persoa asociada na normalización progresiva do seu ritmo de vida, aprendendo a vivir coas súas doenzas
- Fomento do diálogo entre as persoas asociadas, como forma de combater a incomprensión xerada pola dificultade do diagnóstico destas situacións patolóxicas
- Promover a investigación médica co fin de ir configurando os perfís propios desta enfermidade (a súa orixe orgániza ou psiquiátrica, tratamento, achar unha base obxectiva que permita xustificar a sintomatoloxía, eventuais efectos incapacitadores...
- Impulso do estudo xurídico dos efectos socio-laboraisda síndrome fibromiálxia
- Contribuír á formación dun mecanismo de autodefensa na persoa afectada ante situacións de vulneración dos seus dereitos
- Desenvolver e defender os dereitos das persoas asociadas
- Sensibilizar sobre a enfermidade á sociedade
- Desenvolver actividades de todo tipo encamiñadas a cubrir as necesidades das persoas asociadas
ACTIVIDADES:
- Reunións periódicas coas persoas asociadas
- Recopilación de información e estudos procedentes de distintos organismos nacionais e internacionais
- Calquera tipo de actividade acorde coa nova calidade de vida da persoa asociada e enferma (pilates, sesións de grupo con psicológas/os, obradoiros de autocoñecemento da fibromialxia, ...)
- Publicidades e intervención nos medios de comunicación social como forma de chegar ao colectivo afectado e, así mesmo, informar á sociedade en xeral sobre a marcha dos avances no estudo da enfermidade
- Elaboración de materiais didácticos capaces de amosar o verdadeiro alcance da fibromialxia
- Organización e colaboración en foros de debate, congresos, xornadas, charlas, cursos, ...que fomenten o estudo, o debate, en definitiva, o avance no coñecemento desta situación patolóxica
- Convenios de colaboración con organismos e universidades encamiñados á práctica investigadora
- Dinamización dun espazo de encontro
- Fomento das relacións de colaboración con institucións públicas, empresas privadas e organizacións non lucrativas que permitan un mellos cumplimiento dos fins fundacionais
CONTACTO:
ENDEREZO:
Sede Central en Rúa do Home Santo 10-baixo, Santiago de Compostela
HORARIO DE ATENCIÓN:
Martes e xoves 16:30h - 19:30h
Mércores 10:30h - 13:30h
TLF:
981 574593 // 650 26 17 38 (Presidenta)
MAIL:
galicia@agafi.org
WEB:
www.agafi.org