ASEMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ (ACPP)

ASEMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ (ACPP)

 

 

 

 

FINS

 

Asemblea de Cooperación Pola Paz (ACPP) é unha ONGD sen ánimo de lucro, laica, independente e defensora dos valores democráticos dende unha opción de xustiza social e económica. Dende o noso nacemento en 1990, apostamos firmemente polo pacifismo, a tolerancia e o diálogo. Apoiamos á sociedade civil dos países en vías de desenvolvemento xerando organización local, fomentando a participación cidadá e a procura de alternativas para conseguir sociedades máis xustas e máis democráticas, onde os beneficios do desenvolvemento se redistribúan máis equitativamente, dando protagonismo aos axentes locais.

 

Na liña educativa, ACPP afronta a realización de traballos e estudos orientados ao apoio e desenvolvemento das actividades de educación pola paz e sensibilización. Fomentar a tolerancia, solidariedade e interculturalidade á vez que se combate o racismo e a xenofobia, son os nosos obxectivos para que a sociedade tome unha posición activa na defensa dos Dereitos Humanos.

 

Quixemos plasmar na denominación da organización os valores principais que impulsan o noso traballo. Por unha banda, a COOPERACIÓN cos países en vías de desenvolvemento dende a equidade de xénero e o desenvolvemento sostible, fomentando o fortalecemento do tecido asociativo das súas propias sociedades para que elas mesmas tomen as rendas do desenvolvemento. Neste sentido separámonos do asistencialismo e da instrumentalización das axudas.

 

Doutra banda, a PAZ. Dende o nacemento, por mor das manifestacións pacifistas contra a primeira guerra do Golfo, as actuacións de ACPP están marcadas polos desexos de paz e a consideración de que o uso da violencia só pode ser considerado como último recurso para evitar xenocidios e violacións colectivas dos Dereitos Humanos.

 

Ademais destes dous valores principais, as nosas actuacións están sempre baseadas na equidade, na repartición de recursos, nun desenvolvemento sostible e respectuoso co medio ambiente, a loita contra a pobreza e o traballo pola igualdade de xénero. No noso traballo por un cambio das relacións Norte - Sur apostamos por traballar en ambos os lados, e defendemos, a través dos nosos proxectos de acción social e educación para o desenvolvemento, os valores de tolerancia, convivencia, interculturalidade e solidariedade.

 

ACTIVIDADES

 

  • Actividades de educación para o desenvolvemento nos centros educativos públicos de infantil, primaria e secundaria.

 

  • Formación en cooperación ao desenvolvemento.

 

  • Exposicións sobre a situación de República Dominicana, Guinea Bissau, Tunisia e Palestina.

 

CONTACTO

 

ENDEREZO:

 

Rúa Hórreo, 22 1º Local E

 

HORARIO DE ATENCIÓN:

 

Luns a Xoves: 10:00 – 14:00; 16:30 – 19:00:

 

Venres: 10:00 – 14:00

 

TLF.: 881.977.339

 

MAIL: galicia@acpp.com

 

WEB: www.acpp.com

 

 

 

 

 

 

 

 


Ligazóns relacionadas


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)