DOWN COMPOSTELA naceu en xaneiro de 1997, promovida por un grupo de familias para mellorar a calidade de vida das persoas coa Síndrome de Down de Santiago de Compostela e a súa área xeográfica de influencia. A Asociación oferta unha atención específica ás persoas con discapacidade intelectual en xeral e Síndrome de Down en particular, para facilitar a súa integración familiar, social, educativa e laboral no entorno no que viven.
O sentido principal da existencia de Down Compostela ven dado pola necesidade de establecer as medidas necesarias para garantir a igualdade de oportunidades das persoas con discapacidade intelectual, a través da provisión de servizos e actividades das que están desprovistas no seu entorno.
Os servizos que se prestan na nosa entidade son entre outros, programa de acollida en hospitais, atención Temperá, psicomotricidade en atención temperá, logopedia e linguaxe, programa de familias, ....
Rúa Alejandro Novo González, 1 baixo
15706 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono: 981563434
Fax: 981534545
downcomposteladowncompostela.org
Ver máis redes coas que colabora a entidade