Dano Cerebral Galicia é a entidade que, desde 2007, defende os dereitos das persoas con dano cerebral adquirido e das súas familias en Galicia. Somos unha federación integrada polas cinco asociacións de dano cerebral adquirido do noso país, presentes nas cidades da Coruña, Lugo, Ourense, Santiago e Vigo. Xuntas suman máis de 2.000 persoas socias.
A misión de Dano Cerebral Galicia, é dicir, a nosa función, é ser a entidade social que une, dinamiza e representa o movemento asociativo do dano cerebral en Galicia. Nese rol, o noso obxectivo é desenvolver a acción social, institucional e técnica precisa para acadar a autonomía e a mellora da calidade de vida das persoas con dano cerebral e das súas familias.
Realizamos actividades de información e sensibilización, formación, investigación e divulgación de coñecemento, asesoría xurídica, ocio inclusivo, vida independente, incidencia política e cohesión asociativa, coordinando ás nosas cinco asociacións federadas.
As nosas asociacións traballan nas áreas da atención diúrna terapéutica, atención terapéutica residencial, información, orientación e apoio a familias, ocio e inclusión social, orientación labora, rehabilitación especializada e moito máis.
Rúa Galeras, 17, 2º, Oficina 5
15705 Santiago de Compostela
Teléfono: 881 943 148 // 659 177 709
danocerebralgalicia.org
infodanocerebralgalicia.org
Horario: L-V / 08:30 a 15:00