FINS
En 1967 nace co FIN de traballar pola mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e as súas familias conseguindo e facilitando os apoios necesarios para a defensa e mellora dos seus dereitos.
É unha asociación de familias, sen ánimo de lucro, que considera que as persoas con discapacidade intelectual teñen dereitos, teñen capacidades, son iguais e merecen respecto á individualidade e á diferenza. Por iso traballa promovendo servizos que desenvolvan as súas capacidades e con criterios de calidade que procuren a normalización e incrementen o grao persoal de benestar, autonomía, independencia, integración e inclusión social, cun compromiso solidario do equipo humano, honradez, transparencia e confianza.
ACTIVIDADES
A ASOCIACIÓN ASPAS ofrece servizos ás persoas con discapacidade intelectual independentemente do tipo de discapacidade, grado e sexo, e ás familias, titores e outros socios da mesma:
1. Servizos para Persoas con Discapacidade Intelectual con Necesidades de Apoio Extenso e/ou Xeneralizado: (Maiores de 16 anos).
2. Servizos para Persoas con Discapacidade Intelectual con Necesidades de Apoio Intermitente: (Maiores de 18 anos).
3. Servizo para Familias, Titores e Socios:
Dende a Asociación ofrécese información e formación ás familias a través de xornadas ou charlas sobre cuestións que relacionadas co mundo das persoas con discapacidade. Ademais de prestar un servizo de asesoramento continuo.
4. Servizo de Ocio, Deportes e Voluntariado:
O traballo de integración non pode esquecer un ámbito tan esencial como é o tempo de lecer. Grazas a unha gran labor dos voluntarios, realízanse tanto actividades de:
A participación en grandes competicións a nivel nacional e internacional, e a ocasión de utilizar os espazos da comunidade en convivencia, son unha oportunidade magnífica de integración social.
CONTACTO
DIRECCIÓN:
Sta. Teresa de Jornet nº 19 (San Marcos), 15890 Santiago de Compostela. (A Coruña).
HORARIO DE ATENCIÓN:
De 9:00h a 14:00h e de 16:00 a 18:30.TLF.: 981 58 20 50 / 981 57 67 20
MAIL: aspas@asociacionaspas.org
WEB: www.asociacionaspas.org