ASOCIACIÓN DE PERSONAS SORDAS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ASOCIACIÓN DE PERSONAS SORDAS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

FINS 

 

 

Mellorar a calidade de vida das persoas xordas e das súas familias nos ámbitos familiar, infantil, educativo, sanitario, laboral.

Conseguir un marco legal que permita a plena igualdade e participación social das persoas Xordas.

Alcanzar o recoñecemento legal e social adecuado para a Lingua de Signos Española.

Promover o acceso á formación e o emprego das persoas xordas e a eliminación das barreiras de comunicación.

Fomentar a autonomía e a independencia das persoas xordas e a eliminación das barreiras de comunicación.

Potenciar e dar continuidade aos servizos de Intérprete de Lingua de Signos en todos os ámbitos dá vida social.

Organizar actividades culturais dentro do movemento asociativo de persoas xordas.

Sensibilizar á sociedade sobre as necesidades e demandas das persoas xordas e as súas familias, así como das entidades nas que estas se integran.  

 

 

 

ACTIVIDADES   

 

Servizo de Intérprete de Linguas de Signos

O/A Intérprete de Lingua de Signos está Subvencionado a través dun convenio co Excmo. Concello de Santiago. Atende as necesidades comunicativas existentes dentro do colectivo xordo, para facilitar a comunicación entre Persoas Xordas e oíntes; o seu fin é conseguir un acceso á información que rompa coas barreiras de comunicación desde sempre existentes. Deste xeito, o obxectivo principal deste servizo consiste en favorecer a independencia das Persoas Xordas á hora de tomar as súas propias decisións.

 

Servizo Integral de Apoio ás Persoas Xordas

Este servizo comezou a funcionar no mes de outubro cunha subvención do programa de Cooperación da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia. Contratouse a figura dun técnico social competente en lingua de signos para levar unha atención personalizada e directa ás demandas da xunta directiva da entidade e das persoas xordas que así o desexen. As súas Funcións máis relevantes son as de informar, orientar e promocionar ás persoas xordas co obxectivo de lograr a súa plena integración. Realiza contactos con diferentes entidades públicas e privadas a fin de establecer relacións e levar a cabo xestións; solicitar axudas, convenios e subvencións, como xustificalas e presentalas; elaboración de proxectos e posterior presentación.

 

Servizo de atención as Persoas sordas SAPS (pertencente a FAXPG) servizo de atención e intervención sociala persoas sordas, as súas familias e seu entorno. A profesional que leva este servizo é unha traballadora social con competencias en lingua de signos.
  


Ademáis de estes servizos, dende a APSSC lévanse a cabo diferentes actividades e eventos como conferencias, xornadas, encontros, actividades de ocio e tempo libre, viaxes, cursos....
 

 

CONTACTO

 

ENDEREZO: RUA POETA MANUEL MARÍA Nº 6 cabes 2ª PLANTA, DESPACHO Nº5 

 

Horario de inverno de atención ao público 

LUNS

MARTES MÉRCORESXOVESVENRES
8:00 - 14:308:00 - 14:308:00 - 14:308:00 - 14:308:00 - 15:00
16:30 - 19:3016:30 - 19:3016:30 - 19:3016:30 - 19:30 

 

 Horario de verán de atención ao público 

LUNS

MARTES MÉRCORESXOVESVENRES
8:00 - 14:308:00 - 14:308:00 - 14:308:00 - 14:308:00 - 15:00

 

 

TLF.: 981 58 29 68 

 

MAIL: asopssc@hotmail.com

 

 

BLOG: http://apsscompostela.blogspot.com.es

 

 

Ligazóns relacionadas


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)