FINS
Special Olympics Galicia ten como fin o fomento de actividades de lecer e a práctica de deporte para persoas con discapacidade intelectual, conforme aos principios inspiradores do movemento Special Olympics Internacional, isto é, axudar a tódalas persoas con discapacidade intelectual na súa completa integración na sociedade, en condicións de igualadade co resto de cidadáns e de tal forma que sexan aceptados, respetados e gocen das mesmas oportunidades para o seu desarrollo físico, persoal e intelectual
ACTIVIDADES
As actividades de Special Olympics Galicia desarróllanse principalmente a través de 3 áreas: Deporte, Formación e lecer.
DEPORTE
As metas das nosas competicións deportivas van dirixidas aos dotes persoais de cada participante, deixando en segundo plano as limitacións e priorizando calidades como a axilidade, flexibilidade, coordinación e resistencia e potenciando, deste xeito, a confianza, a autoestima e o desenvolvemento persoal das persoas con discapacidade intelectual.
LECER
Dentro do plan de actividades previstas, Special Olympics Galicia dedica gran parte do seu tempo a actividades de ocio e tempo libre. Por iso, e coa axuda das nosas familias, realizamos unha serie de actividades nas que se intenta lograr a normalización do tempo libre das persoas con discapacidade intelectual.
FORMACIÓN
Como base para o mellor coñecemento da discapacidade unida ao deporte e ao ocio, a formación é un dos nosos piares fundamentais e, por iso, ano tras ano reciclámonos e intentamos superar aquelas áreas nas que traballamos, ofertando formación dirixida especialmente a voluntarios e técnicos deportivos, así como xornadas de Boas Prácticas.
CONTACTO
ENDEREZO: Vía Pasteur, Polígono do Tambre, nº53. Santiago de Compostela
HORARIO DE ATENCIÓN: De 9:00 a 14:00 h e de 16:00 a 19:00 (excepto as tardes do venres, onde o horario é de 16:00 a 18:00 h)
TLF.: 981 51 98 15 MAIL: comunicacion@specialolympicsgalicia.org
WEB: www.specialolympicsgalicia.org