FINS
Cobertura das necesidades básicas das persoas en situación de carencia de recursos económicos do Concello de Santiago de Compostela. Evitando así a exclusión social das distintas unidades familiares.
ACTIVIDADES
Reparto de paquetes alimenticios ás familias carentes de recursos económicos do Concello de Santiago Compostela
Atención ás necesidades de roupa e calzado, prioritariamente dos menores, que por atoparse nunha idade de desenvolvemento físico, teñen maiores demandas neste eido
Reparto de produtos hixiénicos
Reparto de material escolar
Reparto de xoguetes en Nadal, a tódolos menores de 10 anos de familias carentes de recursos económicos de Galicia.
CONTACTO
ENDEREZO: Avda de Lugo nº 123
HORARIO DE ATENCIÓN: Cita previa
TLF.: 981.576.034
MAIL: informacion@fundacionamigosdegalicia.org