FINS:
O Fondo das Nacións Unidas para a Infancia (UNICEF) é a principal organización internacional que traballa para promover os dereitos da infancia e conseguir cambios reais nas vidas de millóns de nenos.
O obxectivo: garantir que se cumpran os dereitos dos nenos á saúde, a educación e a protección en todo o mundo.
A súa labor baséase na Convención sobre os Dereitos do Neno, o tratado de dereitos máis ratificado do mundo.
A acción de UNICEF en España ten o obxectivo de promover e defender os dereitos dos nenos e nenas que viven en España.
ACTIVIDADES
UNICEF Galicia leva a cabo programas de Educación para o Desenvolvemento, Políticas de Infancia, Deporte para o Desenvolvemento, así como accións de mobilización social encamiñadas a concienciar á poboación galega sobre a realidade de millóns de nenos e nenas en todo o mundo.
No ámbito da Cooperación Internacional ten como obxectivo achegar á sociedade galega a situación da infancia no mundo e captar fondos para contribuír aos programas que UNICEF ten en máis de 150 países.
No ámbito da educación para o desenvolvemento o traballo de UNICEF baséase no programa educativo Enrédate, dirixido a centros educativos que promove o coñecemento dos Dereitos da Infancia e o exercicio da cidadanía global solidaria e responsable. A nivel nacional pmiicipan neste programa máis de 3.400 centros educativos dos que 243 son centros galegos.
En políticas de infancia UNICEF da seguimento á Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN), promovendo o seu cumprimento a nivel municipal a través da iniciativa Cidades Amigas da Infancia. Neste punto é importante fomentar a participación infantil dentro dos municipios, dando voz aos nenos e as nenas para que poidan dar a súa visión sobre o cumprimento dos dereitos da infancia na súa localidade.
Na área de deporte e mobilización social, o obxectivo de UNICEF é o de mobilizar a toda a cidadanía na defensa dos dereitos da infancia. Un dos puntos básicos deste obxectivo é a organización de eventos deportivo-solidarios nos que, ademais de realizar exercicio, os participantes poden coñecer a situación da infancia máis desfavorecida e contribuír a mellorala.
CONTACTO
ENDEREZO: Carreira do Conde, 2 Baixo
HORARIO DE ATENCIÓN: De 9.00h a 17.30h TLF.: 981586387
MAIL: galicia@unicef.es WEB: www.unicef.es