Centro Sociocultural de Conxo
O Centro Sociocultural de Conxo é un equipamento público municipal de proximidade que acolle servizos socioculturais diversos e integra espazos de actividade como o de xogo, de lectura, ou de dinamización dixital. Acolle actualmente a Unidade de Traballo Social e o uso por parte das asociacións veciñais. Dentro da programación sociocultural destacan eventos como a Semana Cultural de Conxo ou a celebración do Banquete de Conxo. Ofrece un programa anual de actividades socioculturais diversas para todas as idades e un programa específico dentro da oferta da Rede de Centros Socioculturais. Finalmente, integra outros proxectos doutras asociacións e colectivos con presenza no barrio como a acabada de crear Coordinadora de Festas Tradicionais de Conxo que integra nestes momentos a seis colectivos con presenza en Conxo.
Contacto
Campo de Conxo, s/n
15700 - Santiago de Compostela
Teléfono: 981 52 87 40
Fax: 981 52 87 39
www.santiagosociocultural.org
xnoialsantiagodecompostela.org
© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)