A Asemblea de Cooperación Pola Paz (ACPP) é unha ONGD sen ánimo de lucro, laica, independente e defensora dos valores democráticos desde unha opción de xustiza social e económica. ACPP desenvolve o seu traballo en torno a tres áreas diferenciadas: cooperación ao desenvolvemento, axuda en emerxencia e acción social. ACPP chamamos Acción Social ao traballo que realizamos no Norte (o Estado Español e Europa), como organización do Norte, coa intención de transformar a nosa propia sociedade. Con esta intención, dende a delegación de ACPP en Galicia traballamos en varios ámbitos diferentes:
- Educación. Estamos convencidos/as de que a educación é clave para unha transformación social. Tratamos de fomentar que a educación nos centros escolares contemple, de forma habitual e continuada, a educación en valores (educación para a cidadanía, para a paz, para o desenvolvemento...). Para iso pensamos que é imprescindible sensibilizar, capacitar e dotar de ferramentas ao profesorado. Para isto desenvolvememos o Programa de Educación en Valores Escolas Sen Racismo, Escolas para a Paz e o Desenvolvemento:
http://www.escuelasinracismo.org/navegacion/presentacion.php?idioma=es
- Sensibilización. Tratamos de dar a coñecer a realidade dos países nos que traballamos, que é a cooperación ao desenvolvemento e como a facemos, mentres fomentamos a participación das persoas desde a súa propia contorna e posibilidades. Para iso levamos a cabo exposicións, charlas, proxeccións de documentais, campañas, etc:
http://www.acpp.com/accion_social_sens.htm
http://www.acpp.com/agenda.htm
- Formación. ACPP leva a cabo dende o seu nacemento, formacións dirixidas a docentes, educadores/as, mocidade, e sociedade en xeral, relacionadas con diferentes ámbitos da cooperación ao desenvolvemento e a EpD co fin de lograr unha sociedade máis solidaria e comprometida, á vez de fomentar espazos de diálogo e discusión sobre estes temas, como por exemplo: Cursos dirixidos a universitarios/as, Cursos de Cooperación sobre o Terreo, etc:
http://www.acpp.com/CCsT.htm