FEAFES GALICIA (Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia)

FEAFES GALICIA (Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia)

FINS

 

  • Representar e defender ó colectivo de persoas con problemas de saúde mental e os seus familiares ante a sociedade, a administración, ou ante calquera órgano privado o do estado.
  • Esixir a adecuada atención sanitaria e social das persoas con problemas de saúde mental e os seus familiares, a favor da rehabilitación, reinserción social e integración laboral.  
  • Promover e xestionar servicios de calidade dentro do seu ámbito en beneficio dos membros do colectivo.
  • Promover a sensibilización cara as persoas con problemas de saúde mental e os seus familiares, chamando a atención sobre a marxinación e discriminación que existe nos aspectos sociais, sanitarios e laborais, reforzando o principio de solidariedade entre as asociacións e a sociedade.
  • Esixir a creación de servicios alternativos á hospitalización e o establecemento de sistemas alternativos e sustitutorios á familia.
  • Desenrolar unha constante e eficaz información, para agrupar a todos os familiares e ás persoas con problemas de saúde mental, co fin de integrar nun foro común a todo o colectivo.
  • Estimular a investigación sobre as enfermidades mentais e a prevención das mesmas.  
 ACTIVIDADES 
  • Servizo de información e atención socio-familiar: atendemos todo tipo de consultas relacionadas coa enfermidade mental, facilitando información e orientación axeitada en cada caso. 
  • Servizo de inserción laboral: asesoramento eorientación laboral para demandantes de emprego. Feafes é centro colaborador do Servicio Galego de Colocación. 
  • Servizo de asesoría xurídica: asesoramiento legal especializado e gratuíto, para personas con enfermidade mental, familiares, asociacións e institucións. 
  • Programa de ocio e deportes: ofrecemos ás persoas con enfermidade mental un catálogo de actividades de ocio e tempo libre, encamiñado a mellorar a autonomía e potenciar as súas habilidades sociais a través de excursións, viaxes, visitas, senderismo, torneos de fútbol….
  • Todos os meses pódese elixir entre unha ampla oferta de actividades. Para calquera dúbida ou proposta, pódese contactar a través da web: www.feafesgalicia.org.

CONTACTO

ENDEREZO: C/Galeras nº13,  Planta 4ª , Ofc. 5 y 6 

HORARIO DE ATENCIÓN:

Luns a xoves: 8:00-15:00 e 16:00-19:00 - Venres: 08:00-15:00

TLF.: 981554395 

MAIL: feafesgalicia@feafesgalicia.org 

WEB: www.feafesgalicia.org

 

 

flecha Ver máis redes coas que colabora a entidade

Ligazóns relacionadas

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)