FINS
A Federación Autismo Galicia persegue os seguintes fins:
- Servir de nexo de unión entres as distintas entidades e organizacións membros.
- Defender a dignidade e os dereitos civís, políticos, económicos, culturais, sociais, laborais, etc.das Persoas con Trastornos do Espectro do Autismo (TEA), en igualdade de oportunidades.
- Promover a integración social, laboral e a normalización das persoas con TEA, fomentando actitudes sociais positivas cara ao colectivo en Galicia.
- Desenvolver todo tipo de accións encamiñadas a mellorar a calidade de vida das persoas con TEA e das súas familias.
- Promover a formación e a investigación sobre os TEA.
ACTIVIDADES
- De apoio a persoas con TEA e familias, mediante programas de ocio e respiro familiar.
- De apoio, información e orientación a familias, profesionais e interesados en xeral.
- Programas formativos para profesionais do sector, familias, interesados en especializarse en ocio para persoas con TEA, voluntariado e persoas en paro a través dos cursos AFD.
- Programas de emprego: formación no posto de traballo, orientación, información e asesoramento na busca de emprego para persoas con discapacidade e TEA.
- Programas de divulgación e sensibilización sobre a especificidade dos TEA, mediante o desenvolvemento de campañas, participación en eventos e xornadas e publicacións.
- Programas de desenvolvemento e implementación das novas tecnoloxías.
- Participación en plataformas e entidades representativas do terceiro sector e da discapacidade: CERMI Galicia, EAPN Galicia
- Traballo en rede con entidades de ámbito nacional e internacional: Confederación Autismo España e Autismo Europa.
CONTACTO
ENDEREZOS: Rúa Home Santo de Bonaval, nº 74 e
Rúa Rodriguez de Viguri, 35.
HORARIO DE ATENCIÓN: de 8:00 a.m. a 15:00 p.m.
TLF.: 981 589 365
MAIL: info@autismogalicia.org
WEB: www.autismogalicia.org