Servizo público, pertencente á Area de Servizos Sociais do Concello de Santiago de Compostela.
FUNDAMENTOS E OBXETIVOS:
As asociacións son entidades non lucrativas enmarcadas nun contexto normativo complexo, tanto pola forma xurídica que adoptan (entidades sen ánimo de lucro) como pola particularidade do sector, cunha lexislación específica e diferenciada (Lei de Asociacións 1/2002, entre outras). Neste senso, debe terse en conta, que a normativa xurídica, fiscal e contable dos últimos anos, implica un aumento na complexidade das tarefas de xestión que as asociacións deben afrontar e este proceso supón unha intensificación nas cargas que xa veñen soportando os responsables destas organizacións. No contexto de demanda de apoio para o desenvolvemento ordinario dos trámites administrativos que atinxen ás entidades asociativas, xorde para a administración local a oportunidade de facilitar o labor de xestión destas organizacións, dentro dunha estratexia máis ampla de apoio ao tecido asociativo e cidadán. Debe terse en conta que na Lei de Asociacións establécense unha serie de medidas de fomento do asociacionismo que, con carácter de declaración de intencións, constitúen un primeiro paso para que se faga efectivo dende as Administracións Públicas o estímulo real do mundo asociativo.
Portal das Asociacións é a ferramenta que o Concello de Santiago de Compostela pon en mans das asociacións que traballan coa área de benestar social para facilitar a xestión das súas entidades, difundir as súas actividades e programas entre a cidadanía e mellorar a visibilidade dos seus proxectos e actividades.
CASA DE ASOCIACIÓNS DE BENESTAR SOCIAL - CABES-
Enderezo: Rúa Manuel María, nº 6. Santiago de Compostela.
Teléfono: 981935271
proxectoapoiosectorasociativoxestionsocial.com