Proxecto de apoio ao sector asociativo

Proxecto de apoio ao sector asociativo

Servizo público, pertencente á Area de Servizos Sociais do Concello de Santiago de Compostela.

FUNDAMENTOS E OBXETIVOS:

As   asociacións   son   entidades   non   lucrativas   enmarcadas   nun   contexto   normativo   complexo,   tanto   pola   forma  xurídica  que  adoptan  (entidades  sen  ánimo  de  lucro)  como  pola particularidade do  sector,  cunha   lexislación  específica  e  diferenciada  (Lei  de  Asociacións  1/2002, entre  outras).   Neste  senso,  debe  terse  en  conta,  que  a  normativa  xurídica,  fiscal  e  contable  dos  últimos  anos, implica  un   aumento  na complexidade das  tarefas de  xestión que  as asociacións deben  afrontar  e este  proceso  supón   unha intensificación  nas cargas  que  xa veñen soportando  os  responsables destas organizacións. No contexto de demanda de apoio para o desenvolvemento ordinario  dos  trámites administrativos   que  atinxen ás entidades  asociativas,  xorde para  a  administración  local  a  oportunidade de  facilitar o labor de xestión destas organizacións, dentro dunha estratexia máis ampla de apoio ao tecido asociativo e cidadán.  Debe   terse   en   conta   que na Lei de Asociacións establécense  unha serie   de medidas   de   fomento   do   asociacionismo  que,  con  carácter  de  declaración  de  intencións,  constitúen un primeiro paso  para  que  se   faga efectivo  dende  as  Administracións Públicas  o  estímulo  real  do mundo  asociativo. 

Portal das Asociacións é a ferramenta que o Concello de Santiago de Compostela pon en mans das asociacións que traballan coa área de benestar social para facilitar a xestión das súas entidades, difundir as súas actividades e programas entre a cidadanía e mellorar a visibilidade dos seus proxectos e actividades. 


Contacto

CASA DE ASOCIACIÓNS DE BENESTAR SOCIAL - CABES-
Enderezo: Rúa Manuel María, nº 6. Santiago de Compostela.
Teléfono: 981935271
proxectoapoiosectorasociativo@xestionsocial.com

novas relacionadas



© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)