IES Arcebispo Xelmirez II

IES Arcebispo Xelmirez II

O I.E.S. Arcebispo Xelmírez II é un centro que está situado na zona norte de Santiago, en Salgueiriños. A súa principal zona e influencia son os barrios de Vite e Vista Alegre, e outros, como Meixonfrío, As Cancelas ou Fontiñas, que comparte con outros centros, así como a zona rural do norte de Santiago, extendéndose no caso do bacharelato ata concellos limítrofes que non contan con centros que oferten esta etapa. Na parte urbana desta zona existen moitas vivendas de promoción pública, e en xeral a extracción social das familias é media ou media-baixa.

A construción deste centro, no ano 1985, respondeu á cobertura das necesidades da zona norte da cidade, a raíz do traslado do antigo Instituto de Bacharelato Arcebispo Xelmírez, situado no actual complexo administrativo de San Caetano, e que se desdobrou no instituto Arcebispo Xelmírez I, situado na zona sur da cidade, e o noso centro.

Atópase situado na rúa dos Irmandiños, que transcorre paralela á avenida do Cruceiro da Coruña no seu derradeiro tramo, ó lado da praza de España, moi perto da sede da Xunta de Galicia en San Caetano e fronte ó barrio de Guadalupe e o parque Pablo Iglesias.


Contacto

Rúa dos Irmandiños, nº 15.
15704 - Santiago de Compostela
Teléfono: 981 561435 // 981 561835
Fax: 981 557065
www.edu.xunta.es/centros/iesarcebispoxelmirez2/
ies.arcebispo.xelmirez.2@edu.xunta.es

novas relacionadas


Ligazóns relacionadas


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)