Servizos Sociais: PASS CABES

Servizos Sociais: PASS CABES

Servizo público, pertencente á Area de Acción Social do Concello de Santiago de Compostela.

 


¿QUE PODES ATOPAR?

 

 

a.- Información, orientación e asesoramento sobre programas, recursos e servizos de índole social, que contribúan á autonomía persoal e familiar. Por áreas, realízase a tramitación e derivación a:


a.1.- Familia, infancia e mocidade: Unidade municipal de atención ás familias, axudas de prevención e apoio a familias para a preservación dos menores no seu medio, axudas para a escolarización dos menores, acollemento de menores, centro de día de menores, garda de menores, prestación económica de pago único por fillo menor a cargo.


a.2.- Maiores e/ou persoas con estado de saúde deficitario: Recoñecemento do grao de discapacidade, recoñecemento da situación de dependencia, coa movilización dos recursos que correspondan, servizo municipal de axuda no fogar, teleasistencia domiciliaria, ingreso en centros residenciais, centros de día, respiro familiar: estadías temporais en centros residenciais, transporte adaptado 065, programa de novas tecnoloxíasaxudas para facilitar a autonomía persoal e a accesibilidade, pensións non contributivas, acollemento familiar, bonobús, termalismo e turismo social, vacacións.


  a.3.- Inclusión social: Plan de inclusión social, proxecto municipal de medidas de apoio para a prevención e a integración social: axudas para solventar necesidades básicas e participar en itinerarios de inserción social, renda de integración social de Galicia (RISGA), axudas para situacións de emerxencia social.

b.- Intervención sociofamiliar, dirixida, básicamente, á prevención, detección precoz e oferta dunha primeira atención profesional, dende o ámbito do traballo social de zona.

 

c.- Intervención no absentismo escolar, co obxecto de contribuir a unha adecuada escolarización e asistencia regular aos centros educativos, a través dun traballo en rede co CEIP Vite e co IES Xelmirez II

d.- Intervención con persoas maiores e/ou en situación de dependencia.

 

e.- Intervención no ámbito comunitario, a través do traballo en rede


Contacto

PASS CABES
Punto de Atención de Servizos Sociais. Casa das Asociacións de Benestar Social
Rúa de Manuel María, 6
15705 - Santiago de Compostela
Teléfono: 981 542471
Fax: 981 542484
www.santiagodecompostela.org
utsvite@santiagodecompostela.org

flecha Ver máis redes coas que colabora a entidade

novas relacionadas


Ligazóns relacionadas


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)