Asociacion veciños O Camiño das Fontiñas

Asociacion veciños O Camiño das Fontiñas

Asociación de veciños e veciñas do barrio das Fontiñas que inclúe as rúas Fonte dos Concheiros, Fontiñas, Valiño, Altiboia, Jaca, Cotaredo, Coto, Belgrado, Monte dos Postes, Mónaco, Camiño Francés.

Fins da asociación:

  • Defender os intereses xerais dos veciños e veciñas, en calidade de usuarios e destinatarios finais da actividade urbanística, cultural, deportiva, educativa, sanitaria, de vivenda, social, económica, de consumo, de participación en asuntos de interese xeral da cidade, etc., fomentando as medidas participativa máis axeitadas.
  • Asumir a representación dos veciños e veciñas do ámbito territorial adoptando as resolucións e levando a termo as actuacións que pola súa importancia ou interese lles afecten individualmente ou colectivamente, ou aos intereses xerais da cidade.
  • Informar e apoiar aos veciños e veciñas en todas as cuestións que afecten aos seus intereses xerais.
  • Fomentar asociacionismo entre a veciñanza como instrumento de participación e defensa dos intereses xerais.
  • Esixir ás administracións públicas, no seu respectivo ámbito de competencias, o cumprimento dos dereitos recoñecidos polo Lei Orgánica 1/2002, as súas normas de desenvolvemento e os regulamentos municipais, en orde a: Recibir información directa dos asuntos de interese común da veciñanza; Participar das axudas públicas para o desenvolvemento de proxectos e actividades da asociación; Establecer convenios de colaboración en programas de interese xeral; Ser declaradas de utilidade pública; Intervir en todos os ámbitos das administracións públicas para defender os intereses xerais dos veciños e veciñas; Utilizar os medios públicos (locais, salas de reunións, centros sociais, radios, etc.) para o exercicio das funcións propias da asociación; Exercitar o dereito á iniciativa popular;   Ser escoitada nos plenos e comisións municipais sobre os asuntos que lle afecten de xeito particular ou xeral aos veciños e veciñas do seu ámbito territorial.

 

Contidos:

  • Modelo de cidade humanizada, solidaria, segura, con calidade de vida e sostible.
  • Desenvolvemento urbano, de vivenda, mobilidade e accesibilidade.
  • Defensa do entorno medioambiental urbano e natural.
  • Desenvolvemento educativo, cultural, deportivo e de actividade de lecer destinadas á infancia, á mocidade e á terceira idade.
  • Promoción de comportamentos cívicos e de convivencia, da prevención das causas que producen vulnerabilidade social, marxinación e conflitos na convivencia.
  • Promoción da saúde e participación cidadá nos servizos sanitarios.
  • Desenvolvemento da acción social e da prestacións e servizos sociais destinados ao vecindario, da información e asesoramento sobre o acceso estes recursos.

Contacto

Asociación de Veciños O Camiño das Fontiñas
Rúa de Jaca, nº 5 - 1º B.
Santiago de Compostela
A Coruña


Teléfono: 609617566
o.camino.fontinas@gmail.com

Blog: http://barriofontinas.blogspot.com


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)