A Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes (UMAD) do Concello de Santiago de Compostela pertence á rede de centros da Subdirección Xeral de xestión Socio -Sanitaria e Saúde Mental e Drogodependencias da Xunta de Galicia e está composta dunha Unidade Asistencial Ambulatoria de Drogodependencias (UAD), dunha Unidade Semirresidencial de Día (UD) e dun equipo de Prevención de Drogodependencias.
O noso labor está dirixida ao tratamento das drogodependencias nas súas fases de desintoxicación, deshabituación e integración social. Tamén se desenvolven programas e actividades de prevención: Escolar, Xuvenil, Comunitaria, etc. Atendemos a persoas con problemas derivados do uso, o abuso e/ou a dependencia das drogas.
A nosa area de asistencia abarca a area sanitaria de Santiago composta por 37 Concellos.
A través del programa socioeducativo propóñense alternativas as carencias individuais
En definitiva, orientar e colaborar coa busca de recursos que faciliten que a persoa logre acadar a súa plena integración social.
A UMAD estrea un novo instrumento para as accións referidas á orientación e busca de emprego. Esta nova ferramenta é o BLOG de orientación para o emprego:
Blog de Procura de Emprego da UMAD
Desde este blog pódense consultar dúbidas e obter axuda para a inserción laboral.
Manuel María 8,
15705 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono: 981528787
Fax: 981528780
umadsantiagodecompostela.org
Horario: Con carácter xeral, de luns a venres, de 8 a 15 horas e de 16 a 19 horas.
Laboratorio, de luns a venres, de 8 a 15 horas e de 16 a 18:45 horas.
Sábados e domingos, de 10 a 11:45 horas.
Ver máis redes coas que colabora a entidade