Programa de apoio a familias monoparentais Abeiro

Programa de apoio a familias monoparentais Abeiro

Entidade de iniciativa social. Programa promovido e coordinado por Cáritas Parroquial das Fontiñas, que a súa vez pertence a Cáritas Interparroquial, inserta en Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela.

 

¿Qué podes atopar?


  • Orientación e asesoramento laboral e formativo.
  • Reforzo das estratexias e habilidades dos proxenitores no traballo educativo cos seus fillos.
  • Formación dirixida aos proxenitores: encontros de formación, obradoiros de alfabetización e de expresión artística, derivación a cursos propostos por outras entidades, ...
  • Actividades culturais: saídas, excursións, encontros interxeneracionais, ...
  • Apoio e acompañamento socioeducativos aos menores durante a xornada laboral ou formativa dos seus proxenitores.
  • Actividades dirixidas aos menores: apoio escolar, reforzo de habilidades sociais e comunicación intrafamiliar, prevención do absentismo escolar, hábitos de saúde e hixiene e dinámicas programas trimestralmente.

Contacto

Rúa Roma, Portal 5, Baixo E. Polígono das Fontiñas.
Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono: 981577590
programa.abeiro@gmail.com


Horario: De luns a venres, de 8 a 20 horas, ininterrumpidamente.

novas relacionadas


Ligazóns relacionadas


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)