Asamblea de Cooperación pola paz

Asamblea de Cooperación pola paz

Asemblea de Cooperación Pola Paz é unha ONG sen ánimo de lucro, laica, independente e defensora dos valores democráticos desde unha opción de xustiza social e económica. Desenvolvemos a nosa acción no eido da COOPERACIÓN  cos países en vías de desenvolvemento desde a equidade de xénero e o desenvolvemento sostible, fomentando o fortalecemento do tecido asociativo das súas propias sociedades para que elas mesmas tomen as rendas do desenvolvemento e da ACCIÓN SOCIAL, que engloba accións de educación para o desenvolvemento e sensibilización, fomentando a tolerancia, a interculturalidade, a solidariedade e o coñecemento das relacións Norte-Sur. 

 

¿Qué podes atopar? 


a.- Cooperación ao Desenvolvemento e Acción Humanitaria e de Emerxencia


  • África Subsahariana, Caribe, Centroamérica, Magreb, Sudamérica e Oriente Medio

b.- Acción Social


  • Programa Educativo Escolas Sen Racismo, Escolas para a Paz e o Desenvolvemento.
  • Camiños de Paz: Outras voces de Israel e Palestina.
  • Cursos de Cooperación sobre o Terreo.
  • Codesenvolvemento e Inmigración.
  • Exposicións, charlas informativas, stands informativos, etc.

Contacto

Rúa Hórreo, nº 22, 1º local E.
Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono: 881977339
Fax: 881977339
galicia@acpp.com


Horario: Luns - Xoves: 9:00 a 15:00 e 16:30 a 19:00
Venres: 9:00 a 15:00
As actividades educativas desenvolveranse dentro do horario escolar.

flecha Ver máis redes coas que colabora a entidade

novas relacionadas



© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)