A Plataforma polo Emprego é unha asociación na que participan diferentes entidades de carácter social de Santiago de Compostela: Asociación Casa Latinoamericana en Galicia, Asociación de Empregadas/os de Fogar Xiara, Asociación Fonte da Virxe, Asociación de Inmigrantes Gondwana, Asociación de Mulleres A Lagoa, Asociación de Mulleres Liberanza, Asociación de Mulleres Recandea, Asociación Veciñal A Xuntanza, Asociación Veciñal Polígono de Vite, Centro de Traballo e Cultura de Cáritas Interparroquial de Santiago, Centro Xuvenil Don Bosco, Coordenadora do Barrio de Vite, Cruz Vermella de Santiago, Fundación G-PRODIS e Fundación Secretariado Xitano.
No ano 1998, nace como plataforma aberta de asociacións e entidades, coa idea de debater e propoñer iniciativas en torno ao emprego dirixidas sobre todo, aos colectivos sociais máis desfavorecidos. Despois de meses de traballo e presentación de diferentes propostas diante das administración públicas comezamos a desenvolver un proxecto integral de integración e inserción socio-laboral dirixido a persoas que están ou se atopan en risco de exclusión social.
MISIÓN
A Asociación Plataforma polo Emprego é unha entidade non lucrativa que ten como misión promover, a través do traballo en rede e por medio da inserción laboral, a integración das persoas en risco ou situación de exclusión social, tendo en conta os seus dereitos e a súa dignidade.
VISIÓN
A Asociación Plataforma polo Emprego quere ser unha entidade que dinamice o traballo en rede, referente no seu contorno e influínte no deseño das políticas sociolaborais. Que preste un servizo de calidade a través dunha xestión eficiente, dun financiamento e infraestrutura estable, e con profesionais especializados e comprometidos.
VALORES
Traballo en rede:
• Participación
• Implicación
• Transparencia
Prestación de servizos:
• Respecto aos procesos persoais.
• Respecto á dignidade e aos dereitos das persoas.
• Compromiso e implicación dos profesionais no desenvolvemento do traballo.
• Eficacia e eficiencia na xestión e prestación dos servizos.
Referente:
• Defensa do dereito a un emprego digno.
• Defensa da igualdade de oportunidades no acceso ao emprego.
• Capacidade de influencia sociopolítica.
• Metodoloxía de traballo innovadora no desenvolvemento dos procesos.
SERVIZOS QUE OFRECEMOS
Rúa Concheiros nº 33 1º
Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono: 981580506
Fax: 981580506
plataformaempregoyahoo.es
Ver máis redes coas que colabora a entidade