Plataforma polo Emprego

Plataforma polo Emprego

A Plataforma polo Emprego é unha asociación na que participan diferentes entidades de carácter social de Santiago de Compostela: Asociación Casa Latinoamericana en Galicia, Asociación de Empregadas/os de Fogar Xiara, Asociación Fonte da Virxe, Asociación de Inmigrantes Gondwana, Asociación de Mulleres A Lagoa, Asociación de Mulleres Liberanza, Asociación de Mulleres Recandea, Asociación Veciñal A Xuntanza, Asociación Veciñal Polígono de Vite, Centro de Traballo e Cultura de Cáritas  Interparroquial de Santiago, Centro Xuvenil Don Bosco, Coordenadora do Barrio de Vite, Cruz Vermella de Santiago, Fundación G-PRODIS e Fundación Secretariado Xitano.

No ano 1998, nace como plataforma aberta de asociacións e entidades, coa idea de debater e propoñer iniciativas en torno ao emprego dirixidas sobre todo, aos  colectivos sociais máis desfavorecidos. Despois de meses de traballo e presentación de diferentes propostas diante das administración públicas  comezamos a desenvolver un proxecto integral de integración e inserción socio-laboral dirixido a persoas que están ou se atopan en risco de exclusión social.


MISIÓN

A Asociación Plataforma polo Emprego é unha entidade non lucrativa que ten como misión promover, a través do traballo en rede e por medio da inserción laboral, a integración das persoas en risco ou situación de exclusión social, tendo en conta os seus dereitos e a súa dignidade.

VISIÓN
A Asociación Plataforma polo Emprego quere ser unha entidade que dinamice o traballo en rede, referente no seu contorno e influínte no deseño das políticas sociolaborais. Que preste un servizo de calidade a través dunha xestión eficiente, dun financiamento e infraestrutura estable, e con profesionais especializados e  comprometidos.

VALORES
Traballo en rede:

•  Participación
•  Implicación
•  Transparencia

Prestación de servizos:

•  Respecto aos procesos persoais.
•  Respecto á dignidade e aos dereitos das persoas.
•  Compromiso e implicación dos profesionais no desenvolvemento do traballo.
•  Eficacia e eficiencia na xestión e prestación dos servizos.

Referente:
•  Defensa do dereito a un emprego digno.
•  Defensa da igualdade de oportunidades no acceso ao emprego.
•  Capacidade de influencia sociopolítica.
• Metodoloxía de traballo innovadora no desenvolvemento dos procesos.

SERVIZOS QUE OFRECEMOS 

  • ORIENTACION E INSERCIÓN SOCIOLABORAL
  • PROMOCION DO EMPREGO ( empresas de inserción laboral ) E O EMPRENDEMENTO
  • FORMACION TÉCNICA
  • FORMACION SOCIOPROFESIONAL
  • PROMOCION DE TRABALLO EN REDE  E SENSIBILIZACIÓN SOCIAL

Contacto

Rúa Concheiros nº 33 1º
Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono: 981580506
Fax: 981580506
plataformaemprego@yahoo.es

flecha Ver máis redes coas que colabora a entidade

novas relacionadas



© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)