Programa Cativos - Cáritas Interparroquial de Santiago

Cativos de Cáritas Interparroquial de Santiago é un programa socioeducativo que ten como finalidade acadar a maduración persoal e integral da infancia e a xuventude, tratando así de evitar situacións de risco de exclusión social e integrando aos/as menores na vida activa a través de accións educativas e de ocio saudable. No programa traballamos con Nenos e Nenas de diferentes nacionalidades de 3 a 17 anos de idade. Principalmente a labor que desempeña este programa é a inclusión social a través do apoio escolar, a mellora dos hábitos alimenticios, actividades culturais, ocio e cohesión social.

Os proxectos de reforzo escolar naceron coa finalidade de facilitar un espazo de reforzo educativo para os/as menores, e ao mesmo tempo facilitar a conciliación familiar e laboral das unidades familiares.

Os proxectos educativos a través do ocio e o tempo libre, teñen como obxectivo traballar aspectos fundamentais na infancia e a mocidade, como son a prevención de condutas nocivas entre a mocidade, a educación en valores, as habilidades socioconductuais, uns hábitos de hixiene e alimentación saudables, etc.


Contacto

Rúa Hospitaliño, 2 - bis
15707 - Santiago de Compostela
Teléfono: 981552140


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)