A Asociación TP Galicia é unha entidad non lucrativa, de ámbito autonómico, con sede en Santiago de Compostela, formada por familias de persoas que sofren algún trastorno da personalidade, que ten como finalidade a asistencia integral deste colectivo e a mellora da súa calidade de vida. A asociación leva a cabo actividades de divulgación e concienciación social sobre as características destes trastornos mentais, para conseguir unha maior sensibilización cara á problemática que presenta que, en definitiva, afecta toda a sociedade, e tamén lograr o aumento e a mellora dos recursos sociosanitarios dispoñibles. Ademais, pretende impulsar a formación, preparación e experiencia dos profesionais da saúde mental e instar a investigación dos trastornos de personalidade, co fin de mellorar a eficacia dos procedementos psicoterapéuticos. Os servizos que ofrece TP Galicia son os seguintes:
Xerais:
Conferencias, charlas e obradoiros informativos
Apoio e colaboración de profesionais especializados
Información sobre recursos sociais e sanitarios
Para familiares:
Atención e orientación individual
Grupos de psicoeducación
Grupos de autoaxuda
Seguimento de casos
Para afectados:
Atención, apoio e asesoramento psicolóxico
Orientación laboral
Obradoiros de habilidades sociais
Obradoiros de ocio e tempo de lecer
Contacto: CASA DAS ASOCIACIÓNS DE BENESTAR SOCIAL (CABES). Rúa Manuel María nº 6, andar 2º, despacho nº 4 –15705 Santiago de Compostela. Teléfono: 699258993 – Correo electrónico: tpgalicia@yahoo.es
Web: www.tpgalicia.org