ASOCIACION GALEGA PARA A ASISTENCIA E INVESTIGACIÓN DOS TRASTORNOS DE PERSONALIDADE. TP GALICIA

ASOCIACION GALEGA PARA A ASISTENCIA E INVESTIGACIÓN DOS TRASTORNOS DE PERSONALIDADE. TP GALICIA

Asociación TP Galicia é unha entidad non lucrativa, de ámbito autonómico, con sede en Santiago de Compostela, formada por familias de persoas que sofren algún trastorno da personalidade, que ten como finalidade a asistencia integral deste colectivo e a mellora da súa calidade de vida. A asociación leva a cabo actividades de divulgación e concienciación social sobre as características destes trastornos mentais, para conseguir unha maior sensibilización cara á problemática que presenta que, en definitiva, afecta toda a sociedade, e tamén lograr o aumento e a mellora dos recursos sociosanitarios dispoñibles. Ademais, pretende impulsar a formación, preparación e experiencia dos profesionais da saúde mental e instar a investigación dos trastornos de personalidade, co fin de mellorar a eficacia dos procedementos psicoterapéuticos. Os servizos que ofrece TP Galicia son os seguintes:

  • Xerais:

    • Conferencias, charlas e obradoiros informativos

    • Apoio e colaboración de profesionais especializados

    • Información sobre recursos sociais e sanitarios

  • Para familiares:

    • Atención e orientación individual

    • Grupos de psicoeducación

    • Grupos de autoaxuda

    • Seguimento de casos

  • Para afectados:

    • Atención, apoio e asesoramento psicolóxico

    • Orientación laboral

    • Obradoiros de habilidades sociais

    • Obradoiros de ocio e tempo de lecer

ContactoCASA DAS ASOCIACIÓNS DE BENESTAR SOCIAL  (CABES). Rúa Manuel María nº 6, andar 2º, despacho nº 4 –15705 Santiago de Compostela. Teléfono: 699258993 – Correo electrónico:tpgalicia@yahoo.es

Web: www.tpgalicia.org


flecha Ver máis redes coas que colabora a entidade


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)