SEPA-Interea. Grupo de investigacion en pedagoxía social e educación ambiental. USC

SEPA-Interea. Grupo de investigacion en pedagoxía social e educación ambiental. USC

O grupo de investigación SEPA-interea  conta cunha dilatada traxectoria no campo da Educación Social. A actividade docente das e dos seus integrantes e as liñas de investigación desenvolvidas perseguen unha dobre e complementaria tarefa: contribuír a un mellor e maior desenvolvemento da investigación educativa en e para a sociedade;  promover novas lecturas na sociedade acerca da investigación educativa e das súas potencialidades para dar resposta ás necesidades e demandas que melloren a calidade da educación, o benestar das persoas e o desenvolvemento humano, en diferentes contextos e realidades.

Para o logro desta dobre tarefa desenvólvense as seguintes liñas de investigación:

·          Educación e desenvolvemento nas comunidades rurais e urbanas.

·          Educación Ambiental e cultura da sustentabilidade

·          Acción e Intervención Socioeducativa na Administración Local.

·          Análise do Sistema Educativo de Galicia.

·          Tempos Educativos e Sociais.

·          Educación Social e Políticas Culturais.

·          Comunidades de Aprendizaxe.

·          Educación, Xénero e Equidade Social.

·          Educación e Políticas de Benestar Social

·          Educación, cidadanía e Dereitos Humanos

 


Contacto

Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida)
15782 - Santiago de Compostela
Teléfono: 881813848
www.usc.es/gl/investigacion/grupos/sepa_interea
carmen.moran@usc.es


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)