O grupo de investigación SEPA-interea conta cunha dilatada traxectoria no campo da Educación Social. A actividade docente das e dos seus integrantes e as liñas de investigación desenvolvidas perseguen unha dobre e complementaria tarefa: contribuír a un mellor e maior desenvolvemento da investigación educativa en e para a sociedade; promover novas lecturas na sociedade acerca da investigación educativa e das súas potencialidades para dar resposta ás necesidades e demandas que melloren a calidade da educación, o benestar das persoas e o desenvolvemento humano, en diferentes contextos e realidades.
Para o logro desta dobre tarefa desenvólvense as seguintes liñas de investigación:
· Educación e desenvolvemento nas comunidades rurais e urbanas.
· Educación Ambiental e cultura da sustentabilidade
· Acción e Intervención Socioeducativa na Administración Local.
· Análise do Sistema Educativo de Galicia.
· Tempos Educativos e Sociais.
· Educación Social e Políticas Culturais.
· Comunidades de Aprendizaxe.
· Educación, Xénero e Equidade Social.
· Educación e Políticas de Benestar Social
· Educación, cidadanía e Dereitos Humanos