Ruptura de Parella
O Programa “Ruptura de parella, non de familia” e o Servizo de Mediación Familiar Extraxudiacial son desenvolvidos pola Universidade de Santiago de Compostela e financiados polo concello de Santiago de Compostela. O Programa “Ruptura de parella, non de Familia” é un programa psicoeducativo dirixido a familias en situacións de separación ou divorcio cuxo obxectivo é dotar de ferramentas aos proxenitores para que esta nova circunstancia familiar afecte o menos posible á vida dos seus fillos e fillas. Por outra banda, o Servizo de Mediación Familiar Extraxudicial ofrece ás familias a posibilidade de xestionar ou resolver os conflitos orixinados no seo da estrutura familiar dun xeito pacífico e preservando a comunicación. Estes conflitos poden ser de diversa natureza: situacións de ruptura con ou sen fillos/as, relacións interxeracionais (pais-fillos adolescentes), entre irmáns... Ámbolos dous servizos son de carácter gratuíto.
Contacto
Unidade de Psicoloxía Forense
R/ Xosé María Súarez Nuñez s/n (Campus Vida)
15782. Santiago de Compostela
Teléfono: 981542465 (ext. 33634)- mañás 881813871 - tardes
rupturadeparejanodefamiliagmail.com
© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)