ASOCIACIÓN DE ALTAS CAPACIDADES DE GALICIA (ASAC)

ASOCIACIÓN DE ALTAS CAPACIDADES DE GALICIA (ASAC)

FINS

 

  • Lugar de encontro das familias de nenos con alta capacidade intelectual
  • Facilitar unha educación adecuada ás persoas con altas capacidades.
  • Estimular as capacidades dos nen@s e proporcionar un ambiente que facilite a convivencia e o desenvolvemento das habilidades sociais.
  • Favorecer unha apropiada formación das nais e pais o mesmo que as educadoras e educadores para unha mellor comprensión e tratamento das persoas de altas capacidades.
  • Potenciar as investigacións en altas capacidades. 

 

ACTIVIDADES 

 

  • Técnico Profesional 

-Asesoramento, Congresos, Xornadas

 

  • Programa de enriquecemento

-Actividades lúdico–formativas, coma por exemplo: xadrez, lingua de signos, montaxe fotográfica, obradoiros de novas tecnoloxías, obradoiro de creacións, o nacemento de Compostela, xogos populares, teatro, traballar en valores... todas elas dirixidas por monitoras e monitores especialistas na materia e supervisadas por profesionais

 

  •  Escola de nais e país

-Realízanse charlas informativas e formativas sobor dos temas de interese a cargo das especialistas correspondentes

 

  •  Programas de investigación

-Favorecer a investigación sobre as Altas Capacidades, colaborando co Equipo Técnico da Universidade de Santiago de Compostela. 

 

  • Actividades externas

-Publicitar a nosa Asociación, informando á sociedade sobre a problemática que afectaás nosas familias

 

-Iniciar e manter un diálogo fluído coa Administración, co fin de que a Consellería de Educación asuma a obriga de adaptar o sistema educativo ás necesidades destes nenos, favorecendo a formación de profesores e orientadores.

 

 

CONTACTO

 

ENDEREZO:

Facultade de Psicoloxía, Campus Sur,
Rúa Xosé María Suárez Núñez, s/n. Campus sur, 15782, Santiago de Compostela

 

TLF.:

661952917

 

MAIL:

presidencia@ltascapacidades.org

contacto@altascapacidades.org

 

WEB:

http://www.altascapacidades.org

 


Ligazóns relacionadas

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)