FINS:
Traballar na procura da xustiza social e través dunha nova orde internacional e unha estructura social democrática e xusta
Traballar na procura dun consumo responsable como chave na defensa ambiental e a sustentabilidade
Presionar as empresas e as institucións para que respecten e incorporen criterios éticos, sociais e ambientais en tódolos seus ámbitos de actuación
Participar en redes e alianzas encamiñadas á transformación non capitalista da orde internacional
Impulsar o debate teórico e a xeración de ideas que permitan a busca dun modelo de sustentabilidade entre os distintos pobos da terra (incluída a posta en marcha de iniciativas económicas alternativas). Así como compatibilizar as actividades humanas coa dinámica ecolóxica do planeta Terra
Elaborar e subministrar información sobre calquera tema que poida favocerer os principios do consumo responsable, o ecoloxismo, da solidariedade, da interculturalidade e do feminismo
ACTIVIDADES:
Para o cumprimento dos seus fins, a asociación realizará, entre outras, as seguintes actividades:
Organizar campañas sensibilización social
Organizar cursos, ciclos de conferencias, viaxes, congresos, simposios, coloquios e sesións de estudio e de formación
Redactar, editar e distribuír folletos, monografías e toda clase de publicacións de información, formación e divulgación
Organizar campañas de prensa, radio, televisión e outros medios de comunicación
Calesquera outra actividade que permita á asociación o mellor cumprimento dos seus fins
CONTACTO:
ENDEREZO:
Rúa de San Pedro, 67 baixo (Compostela)
Rúa San Román, 9 baixo (Pontevedra)
HORARIO DE ATENCIÓN:
11:30 a 14 (martes a sábado)
17:30 a 20:30 (luns a venres)
TLF.:
981 58 47 13
986 848 159
MAIL:
WEB: